Nova
¡¡¡PARABÉNS, CAMPIÓN!!!
07/08/2012

O Consello de Administración do Racing, directiva, empregados, corpo técnico e xogadores, así como toda a familia racinguista, felicitan ao ferrolán JAVIER GÓMEZ NOYA pola gran xesta conseguida en Londres 2012. Este medidodía o triatleta da nosa terra logrou unha flamante medalla de prata na proba de tríatlon dos Xogos Olímpicos de Londres 2012. ¡¡¡PARABÉNS!!!


