Nova
Confirmados os prezos do partido do domingo en Negreira
02/09/2010

A directiva da S.D. Negreira confirmou os prezos das entradas para o partido que disputará o Racing este domingo, ás 18.00 h., no Campo Municipal "Jesús García Calvo", correspondente á 2ª xornada do Campionato de Liga en 3ª División. Haberá unha entrada única para os adultos a un prezo de 10 €, mentres que os menores de 18 anos terán acceso gratuíto.

