Nova
Excursión a Negreira para acompañar ao equipo
01/09/2010

O Racing afronta o domingo en Negreira o seu primeiro desprazamento da tempada. Un partido no que terá o apoio dos afeccionados xa que a Federación de Penas do Racing, en colaboración co club verde, organiza unha viaxe en autocar ata a localidade santiaguesa. A saída será o domingo, ás 15.30 h., desde o Estadio da Malata e regresarase unha vez finalice o partido. O prezo da viaxe é de 4 € por persoa e para inscribirse poden facelo, ata o venres ás 19.00 h., nas oficinas do club, sitas no Campo da Malata, ou no Café-Bar Morandeira, na Crta. de San Pedro, 295.

