Nova

O xoves realizarase o sorteo da Copa R.F.E.F.

30/08/2010

Foto vencellada

O xoves, 2 de setembro, ás 12.00 h., terá lugar o sorteo de emparellamentos da Fase Autonómica da Copa da R.F.E.F. Os clubs que teñen dereito a participar en devandita competición son o Racing de Ferrol, Montañeros C.F.B.G., S.D. Campus Stellae, Real Club Celta de Vigo "B" e o C.D. Lugo, que a pasada tempada militaron na 2ª División "B", ademais dos tres mellores clasificados de 3ª División: Real Club Deportivo "B", C.D. Ourense e Coruxo F.C.. O Cerceda queda exento ao participar na Copa do Rei.
Os 4ºs de final, a dobre volta, disputaranse os días 8 e 15 de setembro. As semifinais, tamén a dobre volta, o 29 de setembro e 6 de outubro, mentres que a final celebrarase o 12 de outubro en campo neutral.