Nova
A campaña de abonados 2010-2011 principia o luns
30/07/2010

O luns, día 02 de agosto, iníciase a campaña de renovación e admisión de novos abonados do Racing Club de Ferrol, para a tempada 2010/2011.
As principais novidades con respecto á campaña anterior céntranse en:
- Desconto de - 15 % sobre os prezos da tempada 2009/2010.
-Co propósito de incrementar o número de abonados, créase a campaña do "Un + Un", para todos aqueles abonados que renoven e dean de alta a un novo, terán un prezo reducido no seu abono, para el e para o novo abonado. Exemplos: O prezo dun abono de Tribuna - Categoría A - ascende a 215 €, co "Un + Un" o prezo pasa a 185 € para ambos os abonados. O de Preferencia, que ascende a 160 €, pasa 135 €, e o de Fondo Sur de 110 € queda en 90 €. Redución que se aplica progresivamente a todas as categorías, quedando a máis económica na Categoría E - Sub 18 - Fondo Sur que de 20 € queda en tan só 15 € anuais, o que lle supón pagar menos de 1 € por cada partido da liga regular.
-Péchase a admisión de novos abonados para a localidade de Fondo Norte, e recoméndase aos abonados actuais que se cambien para Fondo Sur. No entanto, aqueles abonados que non realicen o cambio seguirán en Fondo Norte, pero terán acceso ao estadio por unha porta de Preferencia.
-Os abonados que teñan domiciliado polo banco o seu abono, pasaráselles ao cobro o día 10 de agosto de 2010.
Horario de Oficina: De Luns a Xoves, de 9.30 a 13.30 h. e de 18.00 a 20.00 h., e o Venres de 9.30 a 14.00 horas.