Nova

A Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e comarca colabora co Racing

29/07/2010

Foto vencellada

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA DE FERROL E COMARCA e o RACING CLUB DE FERROL SAD, co propósito de buscar o máximo apoio de afeccionados para o Racing nunha tempada no que o principal obxectivo do equipo é conseguir o ascenso de categoría, chegaron a un acordo de colaboración, creando para o sector de Hostalería o ABONADO PROTECTOR, coas seguintes condicións:

ABONO PROTECTOR HOSTALERIA
Todos os asociados á Federación de Hostaleiros de Ferrolterra poderán adquirir un abono protector do Racing Club de Ferrol cos seguintes beneficios:
1. 15 invitacións de Preferencia durante o Campionato Regular de Liga de 3ª División.
2. Os Días do Club poderán retirar entradas ao mesmo prezo que os abonados.
3. Publicidade no Panel de Hostalería que se situará na Zona Mixta do Estadio da Malata.
4. Obsequio do Escudo do Racing de Sargadelos "Edición Única".
5. Obsequios varios de merchandising do Racing Club de Ferrol.
6. PREZO: 100 €.