Nova
Este fin de semana o equipo disputará os dous primeiros partidos de pretemporada
29/07/2010

Tras algo máis dunha semana de traballo o Racing disputará os seus dous primeiros partidos amigables este fin de semana. O primeiro será o sábado no campo Municipal de Esterio, en Muros, con motivo da homenaxe ao ex-adestrador racinguista, José Luís Vara e no que o Racing enfrontarase ao Deportivo "B" a partir das 19.30 h. Por outra banda, o domingo participarase no I Triangular Sp. C. Praiña - Seguros Uzal, no campo de Pontevea en Teo. Ás 19.30 h. o Racing enfrontarase ao C.D. Estradense e ás 20.30 h. medirase ante o Deportivo "B".