Nova

Os xogadores seguen traballando a bó ritmo

28/07/2010

Foto vencellada

Un día máis, o plantel do Racing acudiu na mañá de hoxe á zona de Lobadiz en San Xurxo para realizar a habitual sesión física. Adestramento que contou coas ausencias de Sergio Arias e Santi Silvar, ambos acudiron á clínica do Doutor Carlos Brage. No caso de Sergio Arias, por unha escordadura de nocello do que se espera recupérese nuns catro días, mentres que Santi Silvar sofre unha pequena contractura na zona lumbar sen maior importancia. Esta tarde o equipo terá adestramento con balón, e por primeira vez na pretemporada, este desenvolverase no campo principal da Malata.