Nova
"Volver con... Javi Gutierrez" emitiráse o próximo luns
27/07/2010

O programa de TVE "Volver con... Javi Gutierrez", emitirase o luns, día 02 de agosto, ás 23.30 h., pola 1 de TVE. Un programa que repasa co actor os lugares máis significativos da súa infancia, sendo o campo da Malata un dos lugares elixidos. O actor ferrolán, fiel seguidor racinguista, visitou aos nenos que participaron no VIII Campus "Xoga non Racing" e recordou algunhas das súas vivencias relacionadas co club verde. O ex-adestrador do Racing, Michel Alonso, e o Xerente do club, Antonio Aneiros, participaron tamén na gravación do programa.

