Nova

Xantar entre a sesión matinal e a vespertina

22/07/2010

Foto vencellada

Esta pretemporada para o Racing ten como novidade realizar xornada completa, ao facer o xantar entre a sesión da mañá e a de tarde.
Os dezaseis xogadores foráneos, acompañados do adestrador e preparador físico, xantan no Restaurante A Malata de FIMO.
Así durante estes días a sesión matinal que se realiza en Lobadiz terá a súa continuidade co almuezo, para logo dun par de horas de relax, continuar o traballo coa sesión vespertina no campo anexo da Malata.