Nova
Nova sesión física de traballo en Lobadiz
23/07/2010

O plantel do Racing desprazouse de novo a Lobadiz, e na zona da milla, realizaron un intenso traballo físico, baixo a dirección de Roberto Valdés. O esforzo pasa factura con algúns problemillas musculares como consecuencia da diversidade de exercicios, con mención aparte para as clásicas bochas, e os máis castigados son Rafa e Marcos Remeseiro, aínda que non lles impedirá traballar na sesión da tarde.
(22/07/10) O plantel do Racing desprazouse esta mañá á zona de Lobadiz, para realizar unha intensa actividade física nunha paraxe incomplarable, tanto pola súa beleza como polas súas condicións naturais para desenvolver un bo traballo físico.
Participou a totalidade do plantel, e a esta sesión xa se incorporou o xogador xuvenil KIKO, e tamén participou SERGIO ARIAS que o día anterior sufrira unha lixeira escordadura de nocello.
Roberto - preparador físico racinguista - preparou un longo e intenso traballo de hora e media, con diversidade de exercicios físicos, que os xogadores realizaron con moito esforzo, finalizando a sesión bastante esgotados.