Nova
O Racing comezou o traballo cun equipo totalmente renovado
21/07/2010

O Racing iniciou o traballo da tempada 2010/2011 cun plantel totalmente renovado, e coa única ausencia do xuvenil KIKO, por motivos familiares. Un Racing que tan só conta con cinco xogadores da pasada tempada, PACO, JUAN MARTÍNEZ, CURRO VACAS, MARCOS ÁLVAREZ e PABLO REY, así como os que proceden do Racing Xuvenil, MON e RAFA e o xuvenil MARCOS REMESEIRO. As novidades son: PABLO GÓMEZ, PUMAR, AIRA, ANTONIO, MARCOS MARTÍN, SANTI SILVAR, BORJA, PORATTI, ROBERTO, SERGIO ARIAS, HÉBER, FELIPE, MARCOS SUÁREZ e RAFA CASANOVA, este último xogador que procede do desaparecido Cidade de Santiago, e que se uniu aos adestramentos do Racing para buscar o ton físico.
Para a familia racinguista, Presidente, Directivos, Técnicos, Xogadores e Afeccionados, esta tempada en 3ª División, ten un obxectivo unánime e moi claro "o ascenso a 2ª División B".
A plantila adestrou durante hora e media no campo anexo da Malata, baixo a supervisión do adestrador Luisito e do preparador físico Roberto. O traballo iniciouse co habitual arrequecemento, e seguidamente diversos exercicios con balón, primeiro a un toque, despois a dous, e finalmente libre. Esta primeira sesión non se librou das lesións, xa que Sergio Arias sufriu unha lixeira escordadura de nocello, polo que tivo que ser asistido no campo polo Fisioterapeuta, e abandonar a sesión.

