Nova
Santi Silvar volve ao Racing
15/07/2010

O xogador ferrolán, SANTIAGO SILVAR PALLÁS de 33 anos, 80 kgs. e 1,88 mts. de estatura, volve ao Racing logo dun longo periplo en varios equipos de 2ª División "B" e de 3ª División, comprometéndose para a tempada 2010/2011.
O defensa que se formou nos equipos basee do Racing, na tempada 2000/2001 militou Xove Lago de 3ª División, para na seguinte xogar no R.C. Celta "B", na 2002/2003 foise ao Corralejo de 2ª División "B", para volver ao Racing na tempada 2003/2004 en 2ª División "B", e o mes de xaneiro volveu ao Corralejo. Na 2004/2005 retornou a Ferrol para fichar no Narón B. Piñeiros en 3ª División. Na 2005/2006 asinou por Tomelloso tamén de 3ª División, para na 2007/2008 fichar no Mazarrón de 2ª División "B". Na 2008/2009 volveu de novo ao Narón B. Piñeiros, equipo no que xogou as dúas últimas tempadas.

