Nova
O Racing baixa os abonos un 15 %
15/07/2010

O Racing presentou os prezos dos abonos para a tempada 2010/2011, cunha redución do 15 % sobre os prezos da tempada anterior.
O próximo día 2 de agosto abrirase a admisión de abonados, e aqueles que os teñan domiciliados pasaráselles o recibo o día 10 de agosto de 2010.
O Club confía en aumentar o número de 1955 abonados da tempada 2009/2010, e para iso presentou unha novidade moi atractiva coa creación da FIDELIZACIÓN ABONADO "UN UN" que ofrece unha redución importante para os que renoven o Abono e dean de alta a un novo terán un prezo reducido no seu abono, tanto para el como para o novo abonado, se é de igual ou superior caegoría.
Por outra banda, péchase a admisión de abonados en Fondo Norte, e o club recomenda aos abonados de Fondo Norte que se cambien para a localidade de Fondo Sur. No entanto, aqueles que non queren efectuar o cambio, seguirán co seu asento en Fondo Norte, pero terán que acceder ao estadio por unha porta de Preferencia.
Ao mesmo tempo chegouse a un acordo coa Asociación de Emrpesarios de Hotelería de Ferrol e Comarcas, e nunhas días asinarase un Convenio para crear o ABONADO PROTECTOR.
Os dirixentes do Club tamén están pendentes de entrevistarse co Presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, para buscar un acordo de colaboración.

