Nova
Asinada a cesión de Álex Permuy ao R.C. Celta
08/07/2010

Racing de Ferrol, R.C. Celta de Vigo e o Álex Permuy, asinaron os documentos de cesión do xogador ao R.C. Celta, polo que con data 07.07.10, o mozo dianteiro que xogará a tempada 2010/2011 co Celta "B" de 2ª División "B", quedou desvinculado do Racing.
Unha cesión que o R.C. Celta e o propio xogador desexaban e ao que o Racing accedeu, a pesar de que contaban co dianteiro para a próxima tempada, pero ao considerar que é unha boa òpción para a progresión de Álex Permuy como futbolista.

