Nova
O Racing xogará 9 partidos na pretemporada
06/07/2010

A dirección técnica do Racing ten previsto que o primeiro equipo xogue un total de 9 partidos na pretemporada, máis o que teña que disputar en Copa RFEF, no sorteo a realizar a finais de Xullo.
O primeiro amigable disputarase o día 31 de xullo, ás 19.30 h., no campo municipal de Esteiro e terá como rival ao Deportivo "B", no partido homenaxe a D. José L. Vara.
O segundo compromiso será o día 1 de agosto, coa participación no I Triangular Sp. C. Praiña, que se celebrará no campo de Reis en Pontevea (TEO), de acordo ao seguinte calendario: Ás 18.30 h. Deportivo "B" - C.D. Esteirana. Ás 19.30 h. C.D. Estradense - Racing Club de Ferrol. Ás 20.30 h. Racing Club Ferrol - Deportivo "B".
O terceiro partido do Racing está previsto para o día 5 de agosto, ás 19.00 h., no campo de Sinde, enfrontándose á S.D. O Val.
O sábado, día 7 de Agosto, o Racing desprazarase a Villagarcía de Arousa, para enfrontará ao Arousa S.C., en partido que se disputará no campo da Lomba.
O próximo partido para o Racing será o mércores, día 11 de agosto de 2010, nos 4ºs. de Final de Copa Deputación da Coruña, descoñecéndose aínda o rival.
O Racing disputará, como xa é habitual, o Trofeo "Concello de Mugardos", que terá lugar o sábado, día 14 de agosto, ás 19.00 h. no campo da Pedreira co Galicia de Mugardos.
O domingo, día 15 de agosto, o Racing confía en disputar unha das semifinais de Copa Deputación da Coruña.
A seguinte cita será coa disputa do Trofeo "Concepción Arenal" que se celebrará o xoves, día 19 de agosto, ás 20.30 horas, no campo da Malata, e que terá como rival ao R.C. Celta de Vigo.
E, teoricamente, o último partido amigable da pretemporada o Racing confía en celebralo o domingo, día 22 de agosto,coa final de Copa Deputación da Coruña.

