Nova
Rubén Pérez asinou a liquidación
27/05/2010

RUBÉN PÉREZ asinou esta mañá a liquidación e queda desligado do Racing. O extremo zurdo valisoletano chegou no mercado invernal procedente do Elche, pero primeiro a fractura do malar na cara e posteriormente unha rotura de fibras, impedíronlle axudar ao equipo como estaba previsto, xa que tan só disputou 11 partidos cun total de 797 minutos, marcando un gol.

