Nova
LUISITO: "O empate sabe a derrota"
25/04/2010

O técnico do Racing compareceu en rolda de prensa e a súa cara denotaba a decepción por un empate que "sabe a derrota e nin eles crense o empate", foron as primeiras frases de Luisito. O adestrador racinguista sinalou como clave do empate o "cúmulo de despropósitos que temos porque para marcar un gol ¡nai miña!". "Tivemos moitas ocasións para marcarlles dúas ou tres goles e despois, aínda por riba, un penalti absurdo, que os xogadores coméntanme que a falta foi fora da área, empátannos o partido pero fomos moi superiores ao Sestao". A pesar do empate Luisito non arroxa a toalla porque "matematicamente non estamos descendidos e o equipo vai loitar ata a última pinga aínda que hoxe recibimos un pau moi grande". O adestrador do Racing achaca tamén o empate á mala sorte, tanto polas ocasións de gol perdidas como polas lesións. "Os primeiros minutos a lesión de Rubén que para nós é un xogador moi importante, despois a lesión de Nacho Calvillo e ao final a de Marcos, ademais dos que xa teñen lesións e que hoxe non puideron estar na convocatoria".

