Nova
Rubén Pérez segue sendo dúbida, e Permuy apunta a titular
24/04/2010

O plantel do Racing realizou o último adestramento da semana, no campo anexo de A Malata. Unha sesión na que non participaron IVÁN ROMERO, RUDY CARLIER e RICARDO MALAFAIA que continúan lesionados, mentras que Rubén Pérez, ainda que segue sendo dudoso para xogar ante o Sestao, realizou todos os exercicios do adestramento. Completaron o plantel, como xa é hatitual, os xuvenís KIKO, PERMUY, JORGE, RAFA e MARCOS REMESEIRO, mentas que MON non participou como consecuencia dun forte golpe que recibiu no partidillo do xoves. Ante a dúbida de RUBÉN PÉREZ, que fará unha proba antes do partido, e a baixa por sanción de MANUEL, Luisito convocou a todos os xogadores disponibles, coa inclusión dos xuvenís, PERMUY que todo parece indicar que sairá no equipo titular e RAFA por si Rubén non está en condicións de xogar.

