Nova

Plan de viaxe a Bilbao

08/04/2010

Foto vencellada

Ás 11.30 h. da mañá do venres, a expedición racinguista emprende a viaxe a Bilbao. O equipo partirá en autocar desde A Malata, estando prevista a chegada a Casa Consuelo de Otur ás 13.45 h para efectuar o XANTAR. A continuación, seguirase a viaxe a Bilbao, con chegada ao Hotel NH Villa de Bilbao sobre as 19.00 h. Acomodación nas habitacións e CEA ás 21.00 h. O sábado, o ALMORZO está fixado para as 09.00 h., tras o cal os xogadores estarán a disposición do adestrador. O XANTAR realizarase ás 13.00 h. e a continuación sesta. Ás 15.30 h. saída para o campo de Ipurúa onde ás 18.00 h. comezará o encontro. Unha vez finalizado o mesmo, a expedición emprenderá a viaxe de regreso, estando prevista a chegada a Ferrol ás 04.30 h.