Nova
Primeiro adestramento da semana
15/03/2010

A plantilla do Racing tivo esta tarde, no campo anexo da Malata, a primeira sesión de adestramento da semana. Adestramento que contou coas ausencias de GARRIDO con permiso do club e de RICARDO MALAFAIA que acudiu á clínica para realizar unha ecografía e coñecer se existe rotura fibrilar na zona posterior da coxa. Por outra banda, RUDY CARLIER fixo carreira continua. Na sesión, os xogadores que xogaron o domingo fixeron exercicios de recuperación, mentres que o resto, coa incorporación dos xuvenís KIKO, PERMUY e ADRIÁN, realizaron un adestramento de maior intensidade cun partidillo a medio campo.