Nova
Luisito: "Resultado totalmente inxusto"
14/03/2010

O técnico do Racing compareceu en rolda de prensa, bastante contrariado por non conseguir a vitoria. "Foi un resultado totalmente inxusto porque fixemos todo para gañar pero non se pode ter tanto infortunio". Luisito facía mención aos dous balóns que foron repelidos polos paus e sinalou que non se pode facer máis para gañar aínda que está claro que nos condenou a falta de gol que temos". O adestrador do Racing estaba plenamente satisfeito co xogo do equipo na segunda metade porque "xogamos moi ben, creando multitude de ocasións e tivemos ao Zamora metido dentro da súa área pero non estivemos finos nos lanzamentos de falta que saíron fóra por moi pouco". A pesar do empate e de ocupar unha posición delicada na clasificación Luisito foi contundente: "Hai que tirar para adiante e punto".
Pola súa banda, o adestrador do Zamora, Beto lamentábase de que o triunfo escapáseselles no min. 85 de partido "tivémolo máis gañado que perdio. O meu equipo fixo un gran esfuero físico e foi unha mágoa encaixar o gol ao final".