Nova

De Palmas, novidade na convocatoria

13/03/2010

Foto vencellada

O plantel do Racing realizou o último adestramento no campo anexo da Malata de face ao encontro ante o Zamora. A sesión de traballo contou coas ausencias de NICO, RUDY CARLIER e RICARDO MALAFAIA, estando os tres descartados para o partido. O resto do equipo realizou un traballo físico para finalizar cun amplo repaso á estratexia, coa excepción de Rubén Pérez que fixo exercicios específicos.
Ao finalizar a sesión, Luisito facilitou a lista de convocados na que a principal novidade é a presenza do francés LAURENT DE PALMAS, convocado por primeira vez na tempada tras recuperarse dunha importante lesión no xeonllo dereito. A convocatoria está formada por: REGUERO, PACO, CARLOS, JESÚS, JONATHAN, GARRIDO, MANUEL, DE PALMAS, CURRO VACAS, JUAN MARTRÍNEZ, ANTÓN, MARCOS, NACHO CALVILLO, PABLO REY, DAVID FRANCH E DANI QUINTANA. Así, quedan fóra da lista: NICO, RUDY, MALAFAIA e RUBEN PÉREZ por lesión, mentres que IVÁN ROMEU cáese por decisión técnica.