Nova

Penúltimo adestramento no Anexo antes do encontro ante o Zamora

12/03/2010

Foto vencellada

O plantel do Racing tivo sesión de adestramento no campo anexo da Malata coas ausencias de Rudy Carlier e Nico. Polo demais, Rubén Pérez fixo traballo específico mentres que Ricardo Malafaia, Juan Martínez, Jonathan e Curro Vacas, que arrastran diferentes molestias, participaron con normalidade na sesión de traballo aínda que ata o sábado non se saberá se estarán en condicións de xogar ante o Zamora. O resto do persoal realizou un lixeiro adestramento técnico-táctico.