Nova
O francés Carlier sofre unha rotura fibrilar
09/03/2010

Tras a ecografía que se lle realizou ao dianteiro francés, Rudy Carlier, apréciase un desgarro con rotura fibrilar de 3 mms. na inserción do músculo co tendón no recto anterior da coxa dereita, polo que terá que estar uns días inactivo e é moi dubidoso que estea en condicións para xogar o domingo. Non entanto, haberá que seguir a evolución da lesión e ata o sábado non se poderá saber se estará en condicións para enfrontarse ao Zamora.