Nova
Curro Vacas, Manuel e Jonathan, as novidades para o viaxe a Guijuelo
06/03/2010

O plantel do Racing tivo esta mañá a última sesión de adestramento para preparar o encontro de mañá en Guijuelo. Unha vez finalizada a sesión, Luisito facilitou a convocatoria e na que hai tres novidades con respecto á anterior. O centrocampista Curro Vacas, e os centrais Manuel e Jonathan, volven á lista en lugar de Rubén Pérez, que se recupera da operación no pómulo, Malafaia por unha picada na parte posterior da coxa e Juan Martínez que sofre unha contractura no abdutor. De Palmas e Marcos Álvarez quedan en Ferrol por decisión técnica. Desta forma, a convocatoria está formada por: REGUERO, PACO, RUDY CARLIER, PABLO REY, NACHO CALVILLO, CARLOS, QUINTANA, ANTÓN, NICO, CURRO VACAS, DAVID FRANCH, MANUEL, JONATHAN, GARRIDO, JESÚS VARELA e IVÁN ROMERO.

