Nova
PABLO REY, NOVIDADE NA CONVOCATORIA PARA O PARTIDO ANTE O IZARRA
06/02/2010

O dianteiro PABLO REY, é a principal novidade na que é a súa primeira convocatoria na súa nova etapa no Racing, para o partido do domingo ante o C.D. Izarra. Tamén volven á lista, N. CALVILLO, logo de cumprir un partido de sanción, RUBÉN PÉREZ, unha vez que se recuperou da súa grastroenteritis e GARRIDO, recuperado da súa lesión. Pola contra, cáense da convocatoria, JONATHAN, por lesión, NICO por sanción, ANTÓN e DANI QUINTANA, por decisión técnica. Por outra banda, DE PALMAS, continúa recuperándose da súa lesión de xeonllo. A lista de convocados está formada por: REGUERO, PACO, CARLOS, JESÚS VARELA, IVÁN ROMERO, GARRIDO, MANUEL, DAVID FRANCH, CURRO VACAS, MALAFAIA, MARCOS, JUAN MARTÍNEZ, RUDY CARLIER, PABLO REY, RUBÉN PÉREZ E NACHO CALVILLO.