Nova

PARTIDIÑO PASADO POR AUGA NO PRINCIPAL

04/02/2010

Foto vencellada

O adestramento do primeiro plantel estivo marcado pola intensa choiva caida sobre a nosa cidade, e que deixou totalmente impracticable o campo principal da Malata. Ante esta adversidade, o traballo iniciouse con exercicios físicos detrás dunha das porterías, non entanto aproveitando que durante unha media hora deixou de chover e que a drenaxe do campo principal funcionou perfectamente, Luisito puido realizar o clásico partidillo dos xoves. Non participaron, JONATHAN, que está totalmente descartado para o partido ante o Izarra e DE PALMAS, que estivo facendo carreira continua. Pola contra, adestraron co grupo os xuvenís PERMUY, KIKO, MON e KUMAN. Con respecto ao probable equipo titular para o domingo, todo apunta, segundo apreciouse no partidillo, que podería estar formado por: REGUERO, JESÚS, MANUEL, GARRIDO, IVÁN ROMERO, CURRO VACAS, MALAFAIA, JUAN MARTÍNEZ, NACHO CALVILLO, RUDY E RUBÉN PÉREZ, que foron os que xogaron co peto. Non entanto, nos adestramentos de venres e sábado, Luisito continuará facendo probas porque a volta dun intenso chuvieiro (como se aprecia na fotografía) motivou que finalizase a sesión antes do previsto cos xogadores totalmente mollados. Por outra banda, aos poucos minutos de inciarse o partidillo un pequeno incidente entre o adestrador e o francés NICO provocou que Luisito expulsáseo do adestramento.