Nova

O EQUIPO VOLTOU AO TRABALLO

02/02/2010

Foto vencellada

O plantel racinguista volveu ao traballo cunha sesión vespertina no campo principal da Malata. Unha sesión na que traballaron con intensidade os que non xogaron ante o Pontevedra e de recuperación daqueles que xogaron o domingo. Non participaron co grupo JONATHAN MARTÍN, cun proceso febril e que arrastra problemas nun nocello, así como RUBÉN PÉREZ, que se vai recuperando da grastroenteritis que padeceu o fin de semana e que lle impediu xogar o domingo. Por outra banda, o francés LAURENT DE PALMAS volve sentir molestias no xeonllo co que o xoves será sometido a unha resonancia magnética para comprobar o estado de devandito xeonllo.