Novas

O Racing realizou a sesión da tarde no campo anexo da Malata, na que participou a totalidade do plantel. Un adestramento técnico-táctico dunha hora e media, que finalizou cun partidillo en todo o campo.

O plantel do Racing desprazouse de novo a Lobadiz, e na zona da milla, realizaron un intenso traballo físico, baixo a dirección de Roberto Valdés. O esforzo pasa factura con algúns problemillas musculares como consecuencia da diversidade de exercicios, con mención aparte para as clásicas bochas, e os máis castigados son Rafa e Marcos Remeseiro, aínda que non lles impedirá traballar na sesión da tarde.
(22/07/10) O plantel do Racing desprazouse esta mañá á zona de Lobadiz, para real[...] Continuar lendo.

Esta pretemporada para o Racing ten como novidade realizar xornada completa, ao facer o xantar entre a sesión da mañá e a de tarde.
Os dezaseis xogadores foráneos, acompañados do adestrador e preparador físico, xantan no Restaurante A Malata de FIMO.
Así durante estes días a sesión matinal que se realiza en Lobadiz terá a súa continuidade co almuezo, para logo dun par de horas de relax, continuar o traballo coa sesión vespertina no campo anexo da Malata.

O Racing iniciou o traballo da tempada 2010/2011 cun plantel totalmente renovado, e coa única ausencia do xuvenil KIKO, por motivos familiares. Un Racing que tan só conta con cinco xogadores da pasada tempada, PACO, JUAN MARTÍNEZ, CURRO VACAS, MARCOS ÁLVAREZ e PABLO REY, así como os que proceden do Racing Xuvenil, MON e RAFA e o xuvenil MARCOS REMESEIRO. As novidades son: PABLO GÓMEZ, PUMAR, AIRA, ANTONIO, MARCOS MARTÍN, SANTI SILVAR, BORJA, PORATTI, ROBERTO, SERGIO ARIAS, HÉBER, FELIPE,[...] Continuar lendo.
Santi Silvar volve ao Racing

O xogador ferrolán, SANTIAGO SILVAR PALLÁS de 33 anos, 80 kgs. e 1,88 mts. de estatura, volve ao Racing logo dun longo periplo en varios equipos de 2ª División "B" e de 3ª División, comprometéndose para a tempada 2010/2011.
O defensa que se formou nos equipos basee do Racing, na tempada 2000/2001 militou Xove Lago de 3ª División, para na seguinte xogar no R.C. Celta "B", na 2002/2003 foise ao Corralejo de 2ª División "B", para volver ao Racing na tempada 2003/2004 en 2ª División "[...] Continuar lendo.
O Racing baixa os abonos un 15 %

O Racing presentou os prezos dos abonos para a tempada 2010/2011, cunha redución do 15 % sobre os prezos da tempada anterior.
O próximo día 2 de agosto abrirase a admisión de abonados, e aqueles que os teñan domiciliados pasaráselles o recibo o día 10 de agosto de 2010.
O Club confía en aumentar o número de 1955 abonados da tempada 2009/2010, e para iso presentou unha novidade moi atractiva coa creación da FIDELIZACIÓN ABONADO "UN UN" que ofrece unha redución importante para os q[...] Continuar lendo.
Marcos Martín nova fichaxe do Racing

O xogador madrileño, MARCOS MARTÍN ORTEGA, 24 anos, 76 kgs. e 1.85 mts. de estatura, que procede do C.D. Alfaro, nova fichaxe do Racing para a tempada 2010/2011.
MARCOS MARTÍN que ocupa a demarcación de central ou de lateral esquerdo, formouse nas categorías de base do Atl. Madrid, equipo no que pertenceu ata a tempada 2006/2007 en 2ª División "B". Na tempada 2007/2008 militou no Cartaxena de 2ª División "B", pasando na 2008/2009 co Sant Andreu de 2ª División "B" ata o mes de decemb[...] Continuar lendo.

Racing de Ferrol, R.C. Celta de Vigo e o Álex Permuy, asinaron os documentos de cesión do xogador ao R.C. Celta, polo que con data 07.07.10, o mozo dianteiro que xogará a tempada 2010/2011 co Celta "B" de 2ª División "B", quedou desvinculado do Racing.
Unha cesión que o R.C. Celta e o propio xogador desexaban e ao que o Racing accedeu, a pesar de que contaban co dianteiro para a próxima tempada, pero ao considerar que é unha boa òpción para a progresión de Álex Permuy como futbolis[...] Continuar lendo.

A dirección técnica do Racing ten previsto que o primeiro equipo xogue un total de 9 partidos na pretemporada, máis o que teña que disputar en Copa RFEF, no sorteo a realizar a finais de Xullo.
O primeiro amigable disputarase o día 31 de xullo, ás 19.30 h., no campo municipal de Esteiro e terá como rival ao Deportivo "B", no partido homenaxe a D. José L. Vara.
O segundo compromiso será o día 1 de agosto, coa participación no I Triangular Sp. C. Praiña, que se celebrará no campo [...] Continuar lendo.

Os dirixentes do conxunto verde seguen pechando fichaxes de cara á tempada 2010-2011. O último en asinar o seu contrato co Racing foi o dianteiro SERGIO ARIAS, 24 anos, que procede do C.D. Lugo, equipo no que desenvolveu toda a súa carreira futbolística, sempre en 2ª División "B". Na tempada que acaba de finalizar, SERGIO ARIAS xogou 29 partidos, 12 deles como titular, cun total de 1.255 minutos e 8 goles. Sergio Arias Rodríguez naceu o 12 de setembro de 1985 na localidade lucense de Port[...] Continuar lendo.