Novas

Foto vencellada

O central do Racing, Antonio López Ameijenda, terá que cumprir un partido de sanción polo cartón vermello, por dobre amarela, que lle ensinou o colexiado no partido ante o Ordes. Desta forma, Antonio perderase o encontro ante o Rápido de Bouzas. O peor é que o central continúa apercibido de sanción ao continuar no ciclo con catro cartóns amarelos.



Foto vencellada

O Racing ante as baixas por sanción de Pedro García e Pumar, e a de Dani Cabanillas por lesión, viaxa a Ordes co xusto, dezaseis xogadores do primeiro persoal e co xuvenil Álex Amil.
O partido para o Racing é sumamente importante e necesita a vitoria para evitar "pantasmas" na clasificación. O equipo ten que desmostrar, dunha vez, o seu potencial e conseguir un triunfo que traia a tranquilidade a xogadores, técnicos, directivos e afeccionados en xeral.



Foto vencellada

A Xuíza Única de Competición de 3ª División da Federación Galega de Fútbol, na súa reunión do pasado martes, acordou suspender cun partido aos xogadores do Racing, Fernando Pumar e Pedro García, por acumulación de amoestacións. Ademais, a multa económica ascende a 22,50 € para cada un deles. Por este motivo, ambos xogadores serán baixas para o encontro do domingo en Ordes.



Foto vencellada

O nixeriano, Elvis Onyema, chegou esta mañá a un acordo para rescindir o seu contrato co Racing e abandonar así a disciplina do conxunto verde. O xogador, que mostrou a pasada semana a súa intención de irse, reuniuse onte pola tarde co director deportivo, Juancar, pero sen chegar a un acordo. Esta mesma mañá, ambas as partes retomaron as negociacións chegando, finalmente a un acordo para rescindir o contrato. Recordar que Elvis chegou a Ferrol a fianles do mes de setembro e, ata entón, [...] Continuar lendo.



Foto vencellada

FINAL
min. 77 (1-1) Gol de Elvis
DESCANSO
min. 40 Primeiro troco do Racing. Entra Elvis por Ernesto.
min. 5 (0-1) Gol de Bossa de saque de falta directa ao borde da área.
Alineacións:
Racing.- Marcos Valín, Carlos, Antonio, Alfonso, Pumar, Juan Martínez, Pedro García, Ernesto, Pablo Rey, Kamate e Rafa Mella. Banclo: Paco (p.s.), Céspedes, Borja Facal, Elvis e Rubén Pardo.
C.D. As Pontes: Simón, Fernando, Rochela, Iván González, Chote, Bossa, Sergio, Angeriz, Coedo, Moncho e Chic[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

Unha vez máis, o técnico do Racing, José Manuel Aira, acudiu á sala de prensa con preocupación pola mala situación do equipo. O técnico recoñece que a única solución pasa por "seguir traballando e lograr unha vitoria". Aira admitiu que os xogadores están atravesando un bache anímico importante e recoñece que el é o máximo responsable e que "algo debo de estar facendo mal porqué está claro que non saen as cousas". Sobre o enfado da afección, que despediu ao equipo con apupos, si[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O dianteiro Dani Cabanillas que sofre unha escordadura de nocello é a única baixa do Racing para o partido co C.D. As Pontes.
Un partido no que ao Racing tan só sérvelle a vitoria despois do pau que supuxo as dúas últimas derrotas, ou o anterior empate na Malata ante o Negreira.
Os xogadores e corpo técnico do Racing terán que pór todo da sua parte para alzarse co triunfo final, pola contra sería un "desastre" que ninguén quere nin imaxinar.
Aos afeccionados ferroláns - aínda que[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

José Manuel Aira convocou a 17 xogadores para o primeiro partido do ano 2012, no que se enfrontará ao Villalonga C.F., nun encontro "crave" para as aspiracións do Racing, tendo en conta que unha vitoria serviríalle para manter algunha opción de entrar no play-off, mentres que a derrota quitaríalle as poucas posibilidades que existen.
Na lista han que resaltar a inclusión do canteirán PABLO REY e do vallisoletano RUBÉN PÉREZ, ao estar plenamente recuperados das súas respectivas lesió[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O consello de administración do Racing fixo públicos os prezos dos abonos de media tempada, que terán validez desde o 15 de xaneiro de 2012 e ata o 13 de maio de 2012, e para un total de 10 partidos da liga regular na Malata. Desta forma, os abonos rebáixanse nun 50% con respecto ao comezo da tempada.

TRIBUNA PREFERENCIA FONDO SUR
SOCIO A 105 € 80 € 55 €
SOCIO B 80 € 55 € 40 €
SUB 28 55 € 40 € 25 €
DES[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

¡¡¡Aproveita as novas ofertas de Reis na Tenda Online Racing Club Ferrol!!!
¡¡¡Descontos do 40%, 33% e 28%!!!
¡¡¡Pincha na tenda e verás ofertas coma esta: Xersei adulto ou chándal neno por tan só 12 €!!!.



Buscador