Novas

O novo adestrador do Racing leva a todos os dispoñibles a Abegondo,incluído o xuvenil ÁLEX AMIL.José Manuel Aira ,ante as baixas por lesión de Rubén Pérez, Kamate e Pumar, ten 17 xogadores dispoñibles polo que, contando con AMIL está obrigado a descartar a dous xogadores para dar a lista de 16 para o partido co Deportivo "B".

O presidente do Racing, Isidro Silveira, presentou esta tarde a AIRA como adestrador do Racing. O máximo dirixente do Racing sinalou que era "un día triste para o Racing porque a noticia de cambio de adestrador sempre é unha mala noticia porque demostra que o equipo non está respondendo ás espectativas". Silveira quixo destacar que "Stili nun bo adestrador, moi profesional e que traballou a lume de biqueira en favor do Racing, pero ao que lle faltou sorte, e no fútbol se non hai result[...] Continuar lendo.

O Racing e o Coruxo mediranse o próximo 19 de outubro, ás 20:00 h., no Campo Municipal Jesús García Calvo de Negreira, para disputar a Final da Fase Autonómica de Cópaa RFEF. O conxunto racinguista logrou a súa clasificación para dita final ao eliminar ao Montañeros, mentres que o Coruxo fixo o propio co Ourense.
RACING-VILLALBÉS (2-3)

FINAL
min. 94 Gol de Cabanillas de volea (2-3)
min. 93 Gol de Rafita dende o medio do campo co porteiro adiantado (1-3)
min. 81 Gol de Elvis de disparo raso, o balón da no pao e cólase na portería (1-2)
min. 47 penalti de Broja Facal a Roberto. Dispara Dani dende os once metros e bate a Marcos Valín (0-2)
DESCANSO
min. 44 Gol de Dani ao aproveitar un rexeite.
min. 43 Cartón amarelo a Pedro García.
Alineacións:
Racing.- Marcos Valín, Borja Facal, Antonio, Aira, Pumar, Carlos, Ped[...] Continuar lendo.

O partido ante o Racing Villalbés era a última oportunidade que tiña Stili para seguir no banco racinguista. Como xa lle adiantou o presidente na xornada do luns, o resultado do encontro decidiría o seu futuro. Desta forma, a derrota provoca a destitución do técnico cedeirense que xa na rolda de prensa deu por feito o seu cesamento: "o presidente xa me comunicou que era a miña última oportunidade e é normal. Este equipo necesita un aire novo, alguén que non estea contaminado. Sigo dici[...] Continuar lendo.
Ernesto un partido de sanción

A Xuíza Única de Competición e Disciplina da FGF, sancionou cun partido e 22,50 ? de multa a ERNESTO, pola expulsión con cartón vermello directa que o colexiado mostroulle no mim. 61 do partido do pasado domingo en Cerceda

O adestrador do Racing incluíu na convocatoria para o partido ante o Villalbés a Rafa Mella e Carlos, en detrimento de Ernesto, por sanción, e cáese da lista Rubén Pardo.
A relación completa de convocados está formada por:
MARCOS VALÍN, PACO, AIRA, AFONSO, ANTONIO, BORJA FACAL, CARLOS, PUMAR, JUAN MARTÍNEZ, PEDRO GARCÍA, ÓSCAR CÉSPEDES, PABLO REI, DANI CABANILLAS, ELVIS, RAFA MELLA e EKEDI.

O Racing perdeu no Campo do Roxo ante o Cerceda por 1-0, nun partido no que o conxunto verde acabou en inferioridade pola expulsión, no min. 63, de Ernesto. O único tanto do encontro chegou no min. 69 e nunha xogada de auténtica mala sorte, xa que Joselu recolle un rexeite, dispara a portería pero o balón rebota en Aira coándose na rede e sen que Marcos Valín puidese facer nada por evitar o tanto. O conxunto verde non estivo acertado na faceta ofensiva aínda que segue ofrecendo signos de[...] Continuar lendo.

O adestrador do Racing, ante a dúbida de poder contar con Óscar Céspedes que no adestramento do xoves sufriu unha picada nun xemelgo, convocou a 17 xogadores para o partido do domingo no campo do Roxo ante o Cerceda, co dianteiro centro DANI CABANILLAS como principal novidade. Por outra banda volven ao equipo AIRA e JUAN MARTÍNEZ, unha vez cumprida a súa sanción dun partido, e RUBÉN PÉREZ que se recuperou dunha talalxia que lle impediu xogar na pasada xornada. Pola contra, cáense da con[...] Continuar lendo.
Os afeccionados estarán en Cerceda

A afección do Racing arroupará ao equipo no encontro deste próximo domingo en Ceceda e onde o Racing enfróntase ao equipo cercedense. A saída será ás 15.15 h. das inmediacións da Malata e o prezo é de 5 € por persoa. Como é habitual, todos os interesados poderán inscribirse nas oficinas do cllub, sitas no campo da Malata, ou no Café-Bar Morandeira, Crta. San Pedro nº 295. O prazo de inscrición finalizará o venres, ás 19.00 h. No caso de non cubrirse as prazas do autocar, a viax[...] Continuar lendo.

