Novas

Foto vencellada

O plantel do Racing continúa co duro traballo de pretemporada a falta dun mes para que comece a competición oficial. O adestramento desta mañá desenvolveuse no campo principal da Malata, na que os xogadores realizaron diferentes exercicios técnicos-tácticos, ademais dun breve partidillo de cara aos encontros amigables que disputarán este fin de semana. O técnico do conxunto verde, Luisito, terá a oportunidade de ver en acción aos seus xogadores, en concreto ás novas incorporacións, p[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O luns, día 02 de agosto, iníciase a campaña de renovación e admisión de novos abonados do Racing Club de Ferrol, para a tempada 2010/2011.

As principais novidades con respecto á campaña anterior céntranse en:
- Desconto de - 15 % sobre os prezos da tempada 2009/2010.
-Co propósito de incrementar o número de abonados, créase a campaña do "Un + Un", para todos aqueles abonados que renoven e dean de alta a un novo, terán un prezo reducido no seu abono, para el e para o novo ab[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

Tras algo máis dunha semana de traballo o Racing disputará os seus dous primeiros partidos amigables este fin de semana. O primeiro será o sábado no campo Municipal de Esterio, en Muros, con motivo da homenaxe ao ex-adestrador racinguista, José Luís Vara e no que o Racing enfrontarase ao Deportivo "B" a partir das 19.30 h. Por outra banda, o domingo participarase no I Triangular Sp. C. Praiña - Seguros Uzal, no campo de Pontevea en Teo. Ás 19.30 h. o Racing enfrontarase ao C.D. Estradens[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE HOSTALERIA DE FERROL E COMARCA e o RACING CLUB DE FERROL SAD, co propósito de buscar o máximo apoio de afeccionados para o Racing nunha tempada no que o principal obxectivo do equipo é conseguir o ascenso de categoría, chegaron a un acordo de colaboración, creando para o sector de Hostalería o ABONADO PROTECTOR, coas seguintes condicións:

ABONO PROTECTOR HOSTALERIA
Todos os asociados á Federación de Hostaleiros de Ferrolterra poderán adquirir un ab[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

Un día máis, o plantel do Racing acudiu na mañá de hoxe á zona de Lobadiz en San Xurxo para realizar a habitual sesión física. Adestramento que contou coas ausencias de Sergio Arias e Santi Silvar, ambos acudiron á clínica do Doutor Carlos Brage. No caso de Sergio Arias, por unha escordadura de nocello do que se espera recupérese nuns catro días, mentres que Santi Silvar sofre unha pequena contractura na zona lumbar sen maior importancia. Esta tarde o equipo terá adestramento con bal[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O programa de TVE "Volver con... Javi Gutierrez", emitirase o luns, día 02 de agosto, ás 23.30 h., pola 1 de TVE. Un programa que repasa co actor os lugares máis significativos da súa infancia, sendo o campo da Malata un dos lugares elixidos. O actor ferrolán, fiel seguidor racinguista, visitou aos nenos que participaron no VIII Campus "Xoga non Racing" e recordou algunhas das súas vivencias relacionadas co club verde. O ex-adestrador do Racing, Michel Alonso, e o Xerente do club, Antonio [...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O Racing arrincará a tempada 2010-2011 en 3ª División o próximo 29 de agosto ante o Ordes no campo da Malata. Do mesmo xeito, o conxunto verde despedirá a tempada ante os seus afeccionados enfrontándose ao Alondras. Por outra banda, nesta tempada celebraranse tres xornadas en mércores, sendo o 22 de setembro, o 12 de outubro e o 22 de decembro. Destacar, que ademais do habitual parón do Nadal, a Liga será interrompida do 28 de novembro ao 19 de decembro pola disputa en Malta do Campiona[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O plantel do Racing desprazouse de novo a Lobadiz, e na zona da milla, realizaron un intenso traballo físico, baixo a dirección de Roberto Valdés. O esforzo pasa factura con algúns problemillas musculares como consecuencia da diversidade de exercicios, con mención aparte para as clásicas bochas, e os máis castigados son Rafa e Marcos Remeseiro, aínda que non lles impedirá traballar na sesión da tarde.
(22/07/10) O plantel do Racing desprazouse esta mañá á zona de Lobadiz, para real[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O Racing realizou a sesión da tarde no campo anexo da Malata, na que participou a totalidade do plantel. Un adestramento técnico-táctico dunha hora e media, que finalizou cun partidillo en todo o campo.



Foto vencellada

Esta pretemporada para o Racing ten como novidade realizar xornada completa, ao facer o xantar entre a sesión da mañá e a de tarde.
Os dezaseis xogadores foráneos, acompañados do adestrador e preparador físico, xantan no Restaurante A Malata de FIMO.
Así durante estes días a sesión matinal que se realiza en Lobadiz terá a súa continuidade co almuezo, para logo dun par de horas de relax, continuar o traballo coa sesión vespertina no campo anexo da Malata.



Buscador